Obxectivo da mariña tradicional
Dar a coñecer as embarcacións tradicionais galegas e facilitar o uso cidadán para descubrir o seu valor e singularidade a fin de preservalas, na procura de que a súa salvagarda sexa un empeño do conxunto da sociedade protagonizada polas comunidades mariñeiras.
Próximas navegacións
- M
Navegación tradicional a vela no “Mar de Muros”
Domingo, 27 Abril 2025 - 12:00
- M
Navegación tradicional a vela na “Visenta”
Domingo, 30 Marzo 2025 - 16:30
- M
Travesía: Muros – Sta. Catalina -A Creba – Aguieira – Muros
Domingo, 26 Marzo 2023 - 12:00
Próximas actividades
- M
Visitas guiadas á Mariña Tradicional de Muros – Mardevelas
Luns, 21 Abril 2025 - Xoves, 31 Xullo 2025De luns a xoves, ás 20:00
- M
Obradorio teórico-práctico de navegación
Mércores, 21 Maio 2025 - 18:30
- M
Obradorio teórico-práctico de navegación
Mércores, 23 Abril 2025 - 18:30
Últimas novas
O proxecto
As mariñas tradicionais nacen por iniciativa de Culturmar na procura de instalar en distintos portos de Galicia museos vivos destinados a un digno acubillo, á exhibición e a un uso aberto á cidadanía das embarcacións tradicionais. Concíbese no tempo como unha rede homoxénea e interconectada de mariñas con sede en distintos portos: cada mariña conserva a identidade propia do seu patrimonio, o conxunto amosa a variada riqueza da flota tradicional galega.
Materialízanse a través da implicación e colaboración da Administración galega, fundamentalmente da Consellería do Mar, de Portos de Galicia e ao amparo do Proxecto Mardevelas desenvolvido por varios Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro.