Muros e o mar
Muros conformouse como vila no medievo arredor da actividades pesqueiras e do transporte marítimo. Foi o mar a súa fonte de recursos e actividade a través dos séculos. Hoxe conforma un conxunto histórico senlleiro no que son visibles as pegadas das distintas xeracións dando forma a unha vila que foi mudando no tempo, pero construída sempre arredor do porto e ao servizo da actividade mariñeira, sexan as propias vivendas mariñeiras ou as construcións específicas destinadas á transformación dos produtos do mar, salgaduras e conserveiras.
Malia a perda de boa parte dese inmenso patrimonio, Muros segue a vivir fundamentalmente do mar e do patrimonio natural da súa beiramar.
O Conxunto Histórico que os antergos nos legaron foi construído cos recursos tirados do mar polo traballo dos mariñeiros nas súas embarcacións. De maneira, entón, que a Mariña Tradicional vén sendo a cerna da súa identidade.
Próximas navegacións
- M
Travesía: Muros – Sta. Catalina -A Creba – Aguieira – Muros
Domingo, 26 Marzo 2023 - 12:00
- M
Rumbo a Portosín
Sábado, 25 Marzo 2023 - 11:00
- M
Ascenso pola Ría de Muros
Domingo, 19 Marzo 2023 - 11:00
Próximas actividades
- M
Visitas guiadas á Mariña Tradicional de Muros – Mardevelas
Mércores, 29 Maio 2024 - Xoves, 1 Agosto 2024De luns a xoves, ás 20:00
- M
Visitas guiadas á Mariña Tradicional de Muros – Mardevelas
Martes, 11 Abril 2023 - Xoves, 29 Xuño 2023De luns a xoves, ás 20:00
- M
Visitas guiadas á Mariña Tradicional de Muros – Mardevelas
Luns, 27 Febreiro 2023 - Xoves, 23 Marzo 2023De luns a xoves, ás 19:00