A Visenta é unha canoa muradá de 5,25 m de eslora, do ano 1934, que foi doada (en moi mal estado de conservación) á asociación, e que foi restaurada no ano 2010 nunha escola obradoiro organizada polo Concello de Muros. Dende entón fáiselle un mantemento regular, pero xa ía necesitando algún arranxo máis importante, cos coñecementos dun profesional, pois presenta algúns deterioros importantes que é necesario reparar.
É por iso que onte montámola no carro, camiño do estaleiro…
A reparación está subvencionada (en parte), pola Deputación da Coruña.
A reparación da Visenta está cofinanciada pola Deputación Provincial da Coruña.