Reparacións realizadas no Mar de Muros

Listo tamén o Mar de Muros, recén chegado de Estaleiros Catoira. Como na Visenta, fixeron igualemente unha chea de traballos.

Cambiaron un banco e reforzaron outro, cambiando os pes de amigo:

Tamén os castelos de proa e máis de popa:

Substituíron toda a falsa regala de proa e popa:

Reformaron os enxaretados:

Substituíron as banceiras de proa:

Reforzaron o temón:

E xa temos listo o Mar de Muros para saír a navegar!

 

Estes traballos están cofinanciados pola Deputación Provincial da Coruña.