Xa temos funda para a vela da Visenta!!!
Porque, despois do que nos costou (cousa que temos que agradecer ao Concello de Muros, que nos pagou parte dela), e ao non ter un local propio onde gardala, estabamos no dilema de deixala posta no barco, lucindo no noso “museo vivo” que é a Mariña Tradicional de Muros – Mardevelas, ou levala de casa en casa dependendo de quen navegara con ela. Esta é a solución perfecta!
Grazas aos socios de A.C. Mar de Muros que o fixeron posible.