Por fin os ventos e o mar leváronos a Porto do Son!

Despois de moitos intentos, por fin tivemos un vento favorable (aínda que non moi intenso: a boia do medio da ría pensamos que a quitaran, pois non dabamos chegado a ela…), e nos permitiu entrar en Porto do Son…; o mar tamén estaba da nosa parte e non nos impediu arribar a esta vila que facía tempo que non visitábamos (non por falla de ganas…).

 

Na travesía de ida houbo que afastarse de Rebordiño, que nos quitaba o vento, pero, unha vez fora do abrigo, collimos rumbo dereito a Porto do Son, e non tivemos problema para enfilar o corredor de entrada ao porto:

 

Á volta, o vento acompañábanos na partida e animámonos a ir ata o Neixón; pero asiña empezou a caer e tivemos que abortar este rumbo e encamiñarnos xa a Muros, no que entramos directamente (esta vez co vento a favor…):