Por fin Muros Mira ao Mar 2022!!!

E con un feixe de actividades!!!

Empezamos coas EXPOSICIÓNS:

“No centro do Mar” – Fotografías de Eduardo Rivo

“As nosas embarcacións tradicionais” – CULTURMAR

“Fasquías 3D” – CULTURMAR : impresión 3D de maquetas, en tempo real, das embarcacións tradicionais, xogos, puzzles, …

“Fasquías doutrora, singraduras de futuro” – CULTURMAR

Mariña Seca

VISITAS GUIADAS ÁS EMBARCACIÓNS:

 

CONFERENCIAS:

Conferencia ” Os barcos mercantes en Muros nos séculos XVIII e XIX”, por Santiago Llovo.

Outras conferencias foron:

  • As Embarcacións Tradicionais
  • “Cando Arde o Mar: Saberes compartidos” – Proxecto ARDORA

Tamén tivemos a presentación do nº 14 da revista “Nova Ardentía”

 

IZADO DE VELAS NA INAUGURACIÓN OFICIAL:

 

 

E, como non! as NAVEGACIÓNS:

A navegación inaugural pola abra de Muros

Proa á praia de Ventín (Abelleira):

Con desembarco incluído…

Dado o pouco vento que tivemos (ao contrario que calor…), houbo que dar algún remolque…