Coma sempre, a nosa colaboración nas actividades desenroladas na ría; tivemos que trasladar os nosos barcos ao Freixo para apoiar as xornadas de navegación tradicional para escolares (co fin de ofertar maior número de prazas). Participaron o Mar de Muros e a Visenta, cos seus cadanseus patróns.