Non é como aterrar unha avioneta pero, patronear o Mar de Muros, tampouco o fai calquera… (ou, polo menos, tan ben como Corina…).
Xunto co seu compañeiro Toni e o can guía Sami, embarcaron nesta nova aventura… Porque Corina non ía celebrar o Día dos Namorados cunha vulgar cea con velas á luz da lúa (que tamén), se non que, a falta de góndola, levou ao seu compañeiro a disfrutar dunha navegada pola Ría de Muros (igualmente romántico…).
Cori é unha tripulante habitual de Mar de Muros, e unha gran divulgadora da vela tradicional entre as persoas con discapacidades, intermediando para facer posible que todos podan disfrutar do mar dunha maneira diferente, emocionante e divertida.
Mar de Muros aposta por unha navegación inclusiva, na que todos aprendemos e todos temos algo que ensinar.
Na Mariña, envergando a vela.
Toni aprendendo a levar a cana e a escota.
Arribados a Muros, xa con noite e o vento en calma (houbo que remar…)
Amarrando…
Recollendo a cana do temón…
Un bo día de navegación… e de celebración!