… e Papá Noel marchou por mar…

(Fotos cedidas por Laure Rei)

Pois si; tras a avaría sufrida na zorra, Papá Noel contactou coa AC Mar de Muros para ver se lle podía emprestar algunha das súas embarcacións de vela tradicional. E así foi como Papá Noel e o seu axudante abandonaron a Mariña de Muros o día do Nadal, rumbo ao Polo Norte. Os nenos (e maiores) muradáns aproveitaron para despedirse del ata o vindeiro ano, e agradecerlle os agasallos recibidos.

Boa singradura Papá Noel!!!