…e coa nova vela, o Mar de Muros queda como novo!

Despois de 15 anos de uso e exposición a intemperie (recordamos que a Mariña Tradicional de Muros – Mardevelas é un “museo vivo”, e, como tal, as embarcacións están sempre aparelladas), xa ía sendo hora de cambiar a vela do Mar de Muros e poder saír a navegar tranquilamente (sen medo a unha rotura) e lucir o noso patrimonio coa dignidade que merece.

Lista para probala! Xa o estamos desexando…

Agradecemos a colaboración da Deputación de A Coruña que nos subvenciona o 80% do importe:

Subvencionado pola Deputación da Coruña

 

Quédanos o 20% restante (que non é pouco…). Por favor, colabora con nós e desfruta do teu patrimonio!