Os traballos da restauración de Silvia Cristina xa comezaron…
A Silvia Cristina é unha dorna de 4,40m de eslora construida por Ayaso, no ano 1997. Esta dorna foi donada por un particular á nosa asociación Mar de Muros, no 2014. Dende aquela e ata o 2019 estivo navegando pola ría de Muros, ata que, por mor da auga que collía, tivémola que levar a terra. E foi alí, a intemperie (a nosa asociación non dispón dun lugar a cuberto para traballar nas embarcacións), e por falta de financiamento suficiente para poder levar a cabo unha reparación completa, que pasou anos…; ata que o Centro de Formación A Aixola, de Marín, aceptou empregar esta dorna senlleira (inscrita tamén no Censo de Embarcacións Tradicionais de Galicia), no seu Curso de Restauración de Embarcacións de Madeira, o cal, teremos que agradecer enormemente…