Tanto no mar coma na terra, na Mostra de Embarcacións Tradicionais a Flote e na Mariña Seca, alí estivemos, compartindo e difundindo o noso patrimonio material e inmaterial…
O Mar de Muros no izado de velas
En plena navegación, rizados a tope, dada a nordestada que reinou durante todo o evento
A Visenta, estrela de terra, representando á buceta (canoa) muradana
E, como non, creando escola de patróns:
Coa xente miúda…
Coas novas promesas…
E achegando sempre a todos o mar e o arte de navegar…
Acompañados, como non, do noso anfitrión favorito