Navegación tradicional a vela no “Mar de Muros”

Condicións: A inscrición na actividade non será efectiva ata que se confirme por parte da organización e o participante teña ingresado o importe correspondente.

Prazo de pre-inscrición: ata o domingo  04/07/2021
Prazo de pagamento: ata o luns 05/07/2021

Organiza: AC Mar de Muros – Mardevelas

Para participar nesta actividade debes ter en conta o seguinte:

OBRIGATORIO:
  • Presentar o DNI
  • Saber nadar
  • Uso da máscara en todo momento da realización da actividade
  • Non se pode fumar durante a actividade
  • No caso de menores de idade, autorización dos tutores legais.
ACONSELLABLE:
  • Roupa de abrigo e de auga (aínda que non chova); calzado impermeable e que non esbare
  • Gorra, gafas de sol, protección solar
  • Bolsa estanca
  • Chaleco salvavidas (de non traelo, a organización proporcionará un)
  • Auga
  • Pastillas para o mareo (de ser o caso, ou se é a primeira vez que se sae a navegar)

Interésame

Mándanos unha mensaxe a través do seguinte formulario e contactaremos contigo para ofrecerche toda a información que precises.