Entrada en “boxes”…outro ano máis

 Outro ano mais tocou pasar polo estaleiro… Esta vez a Visenta necesitou de máis reparación, pois houbo que cambiar algúns bances que estaban podres, tanto na aleta de meo como na de couso…

No Mar de Muros houbo que reforzar de novo as rodas de proa e popa, entre outras cousas…

Tamén un bance na popa:

E listo!

E, coma sempre, a entrada no estaleiro foi un espectáculo…

 

E a nós quédanos a botadura…; agora facémolo coa grúa, xa que, ao non ter carro de varada, saíanos máis a conta (e máis seguro para a circulación por carretera), que meter o remolque ao mar, pois non gañábamos para arranxos do mesmo…

 

Grazas a Ramón. de Estaleiros Catoira, e ao seu equipo, que sempre nos tratan de maravilla…

 

Tamén grazas á Deputación da Coruña, que subvenciona o 80% dos custes das reparacións:

Subvencionado pola Deputación da Coruña

 

 

Pero aínda necesitamos cubrir o 20% restante! Por favor, anímate a colaborar connosco na preservación deste patrimonio marítimo. Grazas!