I ENCONTRO | “A muller, os oficios do mar e a súa repercusión no camiño” – 9, 10 e 11 de xullo de 2021

Este Encontro forma parte do proxecto “A MULLER, OS OFICIOS DO MAR E A SÚA REPERCUSIÓN NO CAMIÑO”, que pretende a promoción e posta en valor da vida das mulleres do mar a través do coñecemento dos seus oficios, estudando tamén a súa repercusión no Camiño a Compostela, tanto no acollemento aos peregrinos que chegaban por mar, como na distribución/ comercialización dos produtos do mar polos pobos de interior, en especial polo Camiño dende a Ría de Muros – Noia a Compostela, que existe dende a Baixa Idade Media.

A nosa iniciativa consiste en deseñar actividades que poñan de manifesto a importancia e o papel estratéxico da muller nos oficios do mar, resaltando a súa aportación e recoñecendo o seu esforzo, configurándose como un piar esencial dentro da comunidade pesqueira, xa que participan en toda a cadea produtiva, dende o sector extractivo ata a comercialización final do produto, do mesmo xeito que nos labores de acollemento, como anfitrioa e coidadora dos peregrinos  que chegaban ao Porto de Muros con algunha doenza, sendo esta tarefa de tal importancia que no ano 1380 foi fundado o Hospital de San Pedro onde se auxiliaba aos peregrinos afectados dalgunha doenza; nunha visita documentada polos eclesiásticos da parroquia, no ano 1585, aporta información sobre o seu funcionamento, indicando que “debe atender a enfermos pobres e peregrinos, tamén estranxeiros”.

No Encontro tentarase evidenciar a verdadeira importancia das mulleres no sector do mar, nos eidos laboral, sociolóxico e histórico, co obxectivo xeral de recuperar a memoria das traballadoras muradás vinculadas ao  mar, valorizar as súas achegas e servir de base e fomento para a investigación do sector e do papel da muller na configuración da nosa identidade e no mantemento e conservación do Camiño.

Obrigada inscrición previa – 981 76 22 94

VENRES, 9 DE XULLO

17.30 h – RECEPCIÓN DAS PERSOAS ASISTENTES

18.00 h – INAUGURACIÓN OFICIAL DO ENCONTRO
INTERVEÑEN:
D. ILDEFONSO DE LA CAMPA MONTENEGRO, DIRECTOR DE ADMINISTRACIÓN E RELACIÓNS COAS ASOCIACIÓNS DE AMIGOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO DA S.A. DA XESTIÓN DO XACOBEO.
MARÍA-INÉS MONTEAGUDO ROMERO, ALCALDESA DE MUROS.

18.30 h – INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN
“A MULLER, OS OFICIOS DO MAR E O CAMIÑO”

19.00 h – CHARLA
“A REPERCUSIÓN DOS OFICIOS DO MAR NO CAMIÑO RÍA DE MUROS-NOIA A COMPOSTELA”
INTERVEÑEN:
MONTSE PARÍS “VESTIXIOS HISTÓRICOS DO CAMIÑO MUROS-COMPOSTELA E OS OFICIOS VENCELLADOS ÁS PEREGRINACIÓNS”
ADELA LESTÓN MAYO E JUANA MARTÍNEZ LÓPEZ “O MARISQUEO NA RÍA DE MUROS E NOIA. DE SUSTENTO A OFICIO”

20.30 h – DEBATE
MANTEDORA:
XIANA IGLESIAS, Xornalista formada en artes gráficas e redacción dixital. Autodidacta en etnografía, traballou en programas de memoria oral con perspectiva de xénero como A Memoria das Mulleres de Pontevedra ou os Cafés da Memoria do Museo do Pobo Galego. Participou como investigadora e redactora nas publicacións “Oficios de Salitre” e “Gran Enciclopedia del Camino de Santiago”, entre outros.

SÁBADO, 10 DE XULLO

11.00 h – CHARLA
“MULLERES DO MAR DE HOXE E MAÑÁ”
INTERVEÑEN:
ROSA MAYO TOBÍO “A MULLER MARIÑEIRA NA PESCA DE ALTURA”
ALEXANDRA GARCÍA FDEZ. “A CONSERVA ARTESANAL”

12.30 h – DEBATE
MANTEDORA:
ESTHER F. CARRODEGUAS, Dramaturga, Directora e Actriz. Investigación, escrita e dirección dos traballos “Salvemo-lo Xeito” e “Un Mar de Mulleres”, entre outros

18.00 h – CHARLA
“MULLERES DO MAR DE ONTE, E DE MAÑÁ?”
INTERVEÑEN:
AGUSTINA CUBELO E ELVIRA REY “AS TRABALLADORAS DA CONSERVA”
PURA DO PEIXE “A PEIXEIRA”
DELIA LAGO RODRÍGUEZ “AS CARGADORAS. TRABALLADORAS DO SERRADOIRO DE SURRIBOS, ABELLEIRA”
MAYKA GONZÁLEZ, “O AFUMADO DA SARDIÑA DE MUROS”

20.00 h.- DEBATE
MANTEDORA:
RUTH SOUSA, Socia de BenCuriosa, traballa en proxectos vinculados á cultura dixital a través da formación e a creatividade, entre eles, os Laboratorios Itinerantes de Cultura Dixital, nos que participou este proxecto. Formada en realización audiovisual, é experta en Xestión Cultural e Especialista en Estratexias Dixitais en Institucións Culturais.

DOMINGO, 11 DE XULLO

11:00 h.- OBRADOIRO
“O OFICIO DE ATADORA OU REDEIRA”, A CARGO DE NASAS MERAMAR

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

  • VISITAS TEATRALIZADAS

Venres 9, sábado 10 ás 21.30 h
“PASACALLES TEATRAL A MULLER, OS OFICIOS DO MAR E A SÚA REPERCUSIÓN NO CAMIÑO”

  • XOGOS E ANIMACIÓNS

Venres 9, sábado 10 e domingo 11
OBRADOIRO “ARTESANÍA EN CUNCHAS”
OBRADOIRO “ATANDO ENREDAMOS”

Sábado, 10 de xullo as 19.00 h
BRAIS DAS HORTAS “NAVEGANDO EN OBRAS”

Domingo, 11 de xullo ás 19.00 h
TEATRO GHAZAFELHOS “MONSTROS NO CAMIÑO”

  • MÚSICA

Venres, 9 de xullo ás 22.30 h
Concerto UKESTRA DO MEDIO

Sábado, 10 de xullo ás 22.30 h
Concerto BUDIÑO & PABLO NOVOA “DIARIO DE NAVEGANTES”

  • EXPOSICIÓNS

No Centro de Interpretación Conserveira de Sel
“A MULLER, OS OFICIOS DO MAR E O CAMIÑO”

Nos escaparates do Casco Histórico de Muros
“PEIXEIRAS” Fernando Rey