Non hai como ter veciños carpinteiros e sempre dispostos a botar unha man nos momentos críticos: en vísperas de levar os barcos para o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Sada, tivemos esta avería no leme… Grazas a Rama que sempre ten boa man disposta a colaborar no que precisemos… Esta vez salvounos o encontro… Sempre agradecidos…