Un día de pouco vento, que non prometía moito pero que nos levou ata Aguieira… Empregamos o peirao da antiga fábrica para atracar mentras facíamos o xantar….
A entrada foi algo complicada, pois o mar levantaba algo…, e había que localizar as rochas…
Foi á saída cando nos atopamos que o vento arreciara…
Nós iamos no Mar de Muros, pero a Visenta non quedaba atrás… (ao fondo, o Monte Louro, pechando a entrada da ría…)
Bonito día de travesía, que compartimos con Nicolás (ao timón), da Asociación Marítima Estrella Polar, da Bahía de Cádiz…
Grazas polas túas achegas!