Si, un metro cúbico de madeira de piñeiro para bances…
Imos avanzando algo na restauración da Silvia Crisitina, unha dorna de 4,40m de eslora construída por Ayaso, no ano 1997. Esta dorna foi doada por un particular á nosa asociación Mar de Muros en 2014. Dende aquela e ata 2019 estivo navegando pola Ría de Muros, ata que, por mor da auga que collía, tivémola que levar a terra. E foi alí, á intemperie (a nosa asociación non dispón dun lugar a cuberto para traballar nas embarcacións), e por falta de financiamento suficiente para poder levar a cabo unha reparación completa, que pasou anos…; ata que o Centro de Formación A Aixola, de Marín, aceptou empregar esta dorna senlleira (inscrita tamén no Censo de Embarcacións Tradicionais de Galicia), no seu Curso de Restauración de Embarcacións de Madeira, colaboración que agradecemos enormemente…
Tamén agradecer ao Concello de Muros que foi quen subvencionou a compra da madeira.
NOTIFICACION-DEFINITIVA-ASOCIACIÓN CULTURA-1