Xa no mar, vemos o bo resultado do traballo feito por Asteleiros Catoira.
Reforzaron os bancos, cambiando os pes de amigo:
Tamén os castelos de proa e máis de popa:
Substituíron toda a falsa regala de popa e proa:
Calafatearon:
Reformaron os enxaretados:
Substituíron as banceiras de proa:
E recravaron e deron un repaso a toda a embarcación para consolidala.
Grazas polo bo traballo (e por facernos un oco entre tanto bateeiro que estades a construír…)!
Estes traballos están cofinanciados pola Deputación Provincial da Coruña.